HomesociedadeMonforte comeza os paseos en barca polo Cabe

Monforte comeza os paseos en barca polo Cabe

Como é tradición, o punto de inicio dos percorridos é o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo, dunha duración de media hora, custará 3,25 euros, como en anos anteriores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde esta semana ó 30 de setembro de 2024 o río Cabe será escenario dunha interesante e ó mesmo tempo divertida e refrescante proposta no verán da cidade, unha actividade que está organizada polo Concello de Monforte de Lemos coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do Plan Deputación 2024 de Cooperación cos Concellos, e o Club de Piragüismo Quixós. Este Club encárgase da xestión desta actividade, tanto do mantemento e condución das barcas como dos cobros e atención ós pasaxeiros.

O Alcalde salienta que “dende o Equipo de Goberno apostamos ano a ano por esta actividade, porque é unha tradición que mantemos no Concello dende hai anos, e que permite gozar dunha perspectiva diferente da nosa cidade e que soamente é posible ter dende o río”.

 “Os paseos en barca polo río Cabe”, continúa o Alcalde, “xa son durante os meses de verán un referente na programación cultural da cidade e un grande foco de atracción para a poboación local e para moitas persoas que nos visitan nesta época”.

Horarios:

  • Luns a venres, entre as 18:00 e as 22:00 horas
  • Sábados, domingos e festivos: tamén en horario de mañá desde as 11:00 e ata as 14:00 horas e pola tarde de 18:00 a 22:00 horas.

Normas de seguridade dos paseos en barca

  • A capacidade máxima das barcas será determinada polo encargado do servizo.
  • Os usuarios contarán con chalecos salvavidas, se son solicitados.

Seguirase en todo momento as instrucións do persoal encargado da actividade

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...