HomesociedadeChegan a Monforte os nenos e nenas de Vacacións en Paz

Chegan a Monforte os nenos e nenas de Vacacións en Paz

Este venres 5 e sábado 6 de xullo, chegarán a Galicia case 300 nenos saharauis que forman parte do programa "Vacacións en Paz", organizado pola ONG SOGAPS. Destes nenos, 21 desprazaranse a Monforte, que será o punto de encontro para todas as familias acolledoras de Lugo centro e Lugo sur

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante esta semana, unha comitiva formada por traballadores da SOGAPS, voluntarios e un grupo parlamentario composto por políticos das tres forzas que teñen representación no parlamento galego, estiveron nos campamentos de refuxiados de Tinduf xestionando os trámites burocráticos necesarios para esta misión.

A delegación foi recibida por todas as autoridades do Polisario, incluído o seu presidente e os gobernadores das diferentes wilayas. Durante a súa estancia, visitaron os campamentos de Smara, Bojador, Laiun, entre outros.

“Visitando os campamentos nesta época do ano dáste conta da importancia do programa Vacacións en Paz, para que estes nenos non pasen o verán baixo estas temperaturas inhumanas, que alcanzan os 50°C,” di Alberto Pérez, delegado provincial de SOGAPS, que se atopa actualmente nos campamentos e regresará acompañando aos nenos.

O programa “Vacacións en Paz” permite que os nenos saharauis poidan gozar dun verán diferente, afastados das duras condicións do deserto e rodeados dun ambiente de paz e acollida. Esta iniciativa non só brinda un respiro aos pequenos, senón que tamén fomenta a solidariedade e o entendemento entre as familias galegas e a comunidade saharauí.

Vacacións en Paz

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...