HomeCulturaA 7ª edición do Carude Rock celébrase o 9 de agosto

A 7ª edición do Carude Rock celébrase o 9 de agosto

Este festival leva por lema “Esta noche no se duerme” e terá lugar na praza de Carude a partir das 20:30h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na presentación do Festival, o Alcalde estivo acompañado polos organizadores do festival: José Luís Vázquez “Lito”, Dolores Díaz, Juan Dieguez, Borja Vázquez, Manuel Rodríguez (Chusco), Sergio Díaz, ademais da 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Servizos, José Luís Losada. Na organización, tamén están, ademais dos citados, Brais Rodríguez y Tomás Fernández.

O obxectivo do Carude Rock, un festival que conta co apoio do Concello de Monforte é, en verbas do Alcalde “ser un bo escaparate para que os grupos da nosa bisbarra e doutros puntos de Galicia poidan facer disfrutar ó público que acude a este festival. E ademais, suporá unha importante actividade para o barrio de Carude, que esa noite estou seguro recibirá a centos de visitantes.” O Concello de Monforte subvenciónao cunha axuda de 4.000 euros.

Contarase coas seguintes actuacións, todas elas de balde e que terán por escenario a praza de Carude:

  • Deloreans
  • 7 Rojo
  • Zënzar
  • Mártires del Rock’N’Roll, Tributo a Los Suaves

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...