HomesociedadeTres Acios de Ouro para a D.O. Ribeira Sacra na XXXVI Cata...

Tres Acios de Ouro para a D.O. Ribeira Sacra na XXXVI Cata dos Viños de Galicia

Nesta semana coñecéronse os viños premiados na XXXVI Cata dos Viños de Galicia, con recoñecementos para tres viños da D.O. Ribeira Sacra. Tamén nesta semana o crítico, Joaquín Hidalgo, destacou en visita á Ribeira Sacra, a diversidade e potencial dos seus viños.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na XXXVI Cata dos Viños de Galicia recibiron na D.O. Ribeira Sacra, Acio de Ouro Branco, Viña Vella de SAT Virxe dos Remedios e Acio de Ouro Tinto, Casa Moreiras de Casa Moreiras S.L.

Dentro dos viños de elaboracións con madeira recibe Acio de Prata Tinto, Quitapesares Adega Vella de Adega Vella Xeracións S.L.

Na semana na que se coñeceron os premios aos mellores viños de Galicia o crítico, Joaquín Hidalgo, editor para Sudamérica e España en Vinous.com, visitou a Ribeira Sacra, explorando viñedos e adegas. Tamén coñeceu o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra onde realizou unha cata. Hidalgo expresou a súa admiración pola riqueza histórica e a diversidade da Ribeira Sacra. Resaltou o valor das variedades de cepas históricas da rexión, comentando: “Esta é unha rexión que ten moita historia como para acoutar o seu rexistro varietal. Apostar por un corazón de mencía e outras variedades que completen parece unha moi boa idea. E despois, se queres, podes completar con outras variedades, como viños cen por cento brancellao, que é o que a min me sorprendeu en termos de estilo de viño e dálle outra profundidade, ábreche outras propostas”.

Joaquín Hidalgo e Antonio Lombardía / CRDORS

Con unha sólida formación en Enoloxía e Xornalismo, Joaquín Hidalgo combina o seu coñecemento técnico cunha paixón pola comunicación. Residente en Bos Aires, Hidalgo escribe sobre viño e gastronomía para varios medios e é co fundador de vinomanos.com, a primeira guía móbil de viños arxentinos. A súa colaboración en Vinous.com, unha das publicacións de viños máis influentes e respectadas a nivel mundial, permítelle proporcionar reseñas e novas sobre os lanzamentos das principais rexións vinícolas do mundo.

Ademais, subliñou que o desafío na Ribeira Sacra non é vitícola, senón enolóxico, mencionando que grazas a ideas tanto locais como foráneas, atopou viños “con maior fineza pero reflectindo rusticidade ben traballada”. Para concluír, Hidalgo indicou que o reto futuro da Ribeira Sacra radica en construír unha imaxe sólida a nivel internacional. Dada a gran diversidade e a presenza de pequenos produtores, é crucial atopar unha identidade coa que a rexión poida presentarse ao mundo.A visita de Joaquín Hidalgo á Ribeira Sacra non só destaca a calidade e a diversidade dos seus viños, senón tamén o compromiso da rexión coa tradición e a innovación enolóxica

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...