HomePolítica"A Deputación boicotea a Ribeira Sacra e o turismo na provincia ao...

“A Deputación boicotea a Ribeira Sacra e o turismo na provincia ao seguir sen arranxar o acceso á Fervenza de Augacaída”, denuncian os populares

Os deputados populares Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, comprobaron como o acceso á Fervenza de Augacaída, a través da estrada provincial LU-P-4107, segue a ser “perigoso” xa que o goberno de PSOE e BNG “segue negándose a arranxar o firme e a habilitar unha zona de estacionamento nas proximidades do acceso”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Grupo Provincial Popular xa se reclamou no pasado mes de decembro, con antelación suficiente ao verán, o mantemento desta estrada, “pero o goberno de José Tomé considera que é mellor seguir a obviar o seu mantemento, facéndoa perigosa e sen habilitar unha zona de estacionamento, provocando aglomeracións de vehículos nas proximidades do acceso”.

“Isto supón que os veciños non dispoñan dunha vía en boas condicións e que os turistas teñan numerosas dificultades para acceder á zona”, sinalou.

Antonio Ameijide recorda que “en desatencións como esta podemos ver como dende o goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo non apoian a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade xa que é necesario o esforzo conxunto de todas as administracións, así como dos veciños da provincia, para acadar este recoñecemento. Se non remamos todos na mesma dirección será moito máis difícil que a Ribeira Sacra logre a distinción que merece”, afirmou.

Os populares consideran que este tipo de comportamento da Deputación tamén supón problemas ao desenvolvemento económico e turístico desta zona da provincia xa que “se os turistas non se poden mover con comodidade deixarán de vir, ademais de supoñer trabas á competitividade das empresas asentadas na zona sur da provincia”.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...