HomeCulturaDeNinghures e Mondra no escenario Chantada do Festival 17º Ribeira Sacra este...

DeNinghures e Mondra no escenario Chantada do Festival 17º Ribeira Sacra este 28 de xullo

Do 26 ao 28 de xullo desenvólvese a oitava edición do Festival 17º que trae á Ribeira Sacra unha ampla programación que inclúe 14 artistas, gastronomía, arte e actividades de promoción do territorio nos concellos de Chantada, Sober, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concertos do Escenario Chantada levaranse a cabo no Parque Eloísa Rivadulla, “en Chantada colaboramos con Festival 17º desde a segunda edición. O Festival caracterízase por acoller concertos e outras actividades en espazos singulares da Ribeira Sacra. Nós viñámolo celebrando na Praza do Cantón e este ano levámolo a outro enclave singular, o Parque Eloísa Rivadulla. O cambio faise necesario por cuestións loxísticas ao coincidir coa Subida a Chantada, que neste 2024 celebra medio século”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Despois de que Catuxa Salom e Jimena Amarillo actuaran o pasado ano en Chantada dentro do 17º; neste ano, a vila do Asma protagoniza o último día de Festival, o 28 de xullo, con dous interesantes concertos. Ás 13:15h, actuará De Ninghures, concerto Cervezas Alhambra, “A opción para calquera que busque unha experiencia única. O inicio do grupo remóntase ao 2022 co lanzamento do seu primeiro álbum titulado “Aquí”. Agora co seu último debut “Poço”convértense en referente do xénero fresh trad galego” recolle a web do Festival.

Ás 14:20 actuará Mondra, artista, cantante e bailador, vinculado á música e ao baile tradicional galego, así como ao teatro e ao audiovisual. No 2023 publica Ardén (Altafonte Music Spain), o seu primeiro traballo discográfico producido por Berto.

O Concello de Chantada colabora co 17º pola promoción turística que fai da Ribeira Sacra e en particular de Chantada, “É un festival importante con moita difusión que despois se presenta a concursos nacionais e internacionais e gáñaos aparecendo o nome de Chantada aí. Agora forma parte do colectivo Festivales Territorio con outras citas singulares que se fan no resto do Estado. Gústanos o formato do Festival que non está masificado e pon o foco na cultura e no patrimonio”, destaca o alcalde.

Os concertos do Festival 17º son de pago, pero no caso dos concertos de Chantada son gratuítos para a xente do municipio. Hai que recoller a entrada na Oficina de Turismo a partir deste venres e ata o 25 de xullo, xustificando estar empadroado/a no municipio. O Festival 17º, que organiza I-Radia Crea, presentouse este mércores no Balcón Enoturismo de Regina Viarum, no Concello de Sober, coa participación entre outras autoridades do concelleiro de Parques e Xardíns de Chantada, Diego Otero.

Concertos, arte e degustacións do 17º

No escenario FEST Galicia actuarán algúns dos cabezas de cartel desta oitava edición do 17º Ribeira Sacra, como o grupo inglés Morcheeba, a catalá Queralt Lahoz, os alemáns Say Yes Dog e o músico irlandés-iraní Glassio, xunto ás propostas galegas de Faneka e de Carlangas y Los Cubatas. No resto dos escenarios, a programación de bandas galegas complétase cos concertos de Mondra e De Ninghures aos que se suman artistas do panorama estatal como The Parrots e Doctor Explosión.

Ademais, o festival volve brindarlle ao público experiencias gastronómicas, culturais, paisaxísticas e etnográficas intimamente vencelladas á idiosincrasia da Ribeira Sacra. Haberá concertos en catamarán, rutas polas adegas, catas de produtos gastronómicos e vitícolas, conversas sobre arte e a exposición Artes líquidas, da luguesa Annita Rivera. No referente á gastronomía, nesta edición a selección de pratos para degustación estará elaborada polo restaurante O Casar de Monforte de Lemos, co chef Rafa Centeno á fronte desde as cociñas de Vértigo, o restaurante de Regina Viarum.

Presentación 17º 2024 / Consellería de Cultura

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...