Homesociedade200 persoas de 13 parroquias de Chantada participaron do programa Actívate no...

200 persoas de 13 parroquias de Chantada participaron do programa Actívate no Rural

Cada ano increméntase o número de parroquias nas que se ofrece este servizo, nesta ocasión foron 13 parroquias as que demandaron a actividade: Nogueira, Sabadelle, Merlán, Requeixo, Argozón, Muradelle, Laxe, Brigos, Veiga, Mariz, Santa Cruz de Viana, San Cristovo e Arcos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada a través da concellaría de Servizos Sociais organizou desde o pasado mes de setembro e ata xuño deste ano o programa Actívate no Rural, que leva actividades físicas e deportivas ás parroquias que o soliciten.

Cada ano increméntase o número de parroquias nas que se ofrece este servizo, nesta ocasión foron 13 parroquias as que demandaron a actividade: Nogueira, Sabadelle, Merlán, Requeixo, Argozón, Muradelle, Laxe, Brigos, Veiga, Mariz, Santa Cruz de Viana, San Cristovo e Arcos.

O programa ten como obxectivo non só mellorar a actividade física, se non tamén activar as relacións sociais e favorecer así o apoio emocional, “en definitiva trátase de implementar boas prácticas que axuden a mellorar a calidade de vida e que perdure no tempo”, sinala o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Actívate no rural participantes / Concello de Chantada

Os cursos desenvolvíanse 2 veces por semana en cada parroquia con 3 monitores das escolas deportivas. O Concello de Chantada aumentaba así, neste período 2023-2024, o número de sesións do programa. Este ano participaron da proposta 200 persoas, “Todos os participantes mostraron a súa satisfacción tanto co programa como cos monitores que o imparten”, explica María Cándido Carnero, concelleira de Servizos Sociais e Benestar

O programa Actívate no Rural, que organiza a concellaría de Servizos Sociais do Concello de Chantada regresará en setembro ás parroquias con novas actividades para tódolos públicos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...