HomeTerra de LemosPantónDenuncian a utilización dunha mámoa para unha proba de motos en Pantón

Denuncian a utilización dunha mámoa para unha proba de motos en Pantón

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) e Mariña Patrimonio presentaron ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural unha denuncia pola utilización da mámoa de Guítara como rampla de saltos en probas de motos.

Nun comunicado, as entidades han destallado que o xacemento arqueolóxico está catalogado e protexido desde 1990 e está situado no Monte de Sampaio.

“Nas últimas actualizacións de varios visores de ortofotografías, móstranse imaxínese aéreas onde se aprecian claramente que na parcela citada existe o trazado dun circuíto para motos”, lamentaron no comunicado.

As asociacións denunciaron estes feitos por considerar que as carreiras de motos sobre este ben patrimonial protexido “probablemente non conten” coa preceptiva autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Así mesmo, solicitaron que se “tomen de inmediato” todas as medidas necesarias para evitar que no futuro estas probas afecten o xacemento arqueolóxico ou á súa contorna de protección.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...