HomePolíticaA Deputación aproba investimentos en estradas de Pantón, Paradela, Láncara e Sarria

A Deputación aproba investimentos en estradas de Pantón, Paradela, Láncara e Sarria

No caso de Pantón, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellora de dúas estradas cun orzamento conxunto de preto de 177.300€. En Sarria a mellora da LU-P-5713, que vai desde Sarria ata a parroquia de Piñeira, cun investimento de 101.335€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha das estradas que se mellorará en Pantón é a LU-P-4107, que une Segade coa aldea de Marce, e o arranxo realizarase dende o inicio da vía ata o punto quilométrico 4,5 cun orzamento de 100.000€; e destinaranse case 78.000€ á mellora da LU-P-4106, que vai desde a zona do Carme ata Curro para acondicionar algo máis de 6 quilómetros desde o inicio desta vía. Nos dous casos, as obras consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de afundimentos e a repavimentación do firme. O prazo de execución é de dous meses.

Acordouse tamén a adxudicación, por máis de 90.000€, á empresa Construcciones Carballeira SL, das obras de mellora da LU-P-5709 de Paradela, a estrada que conecta a parroquia de Santa María coa de Castro de Rei de Lemos. O proxecto afecta ao tramo comprendido entre o quilómetro 10,7 e o 13,8, e consiste na reapertura de cunetas, na reparación dos afundimentos e outros desperfectos da vía, na pavimentación e na reposición da sinalización vertical. O prazo de execución é dun mes.

Adxudicada tamén á empresa Grupo Bascuas 2008 por un importe que supera os 110.000€ o acondicionamento da LU-P-0503, que une Baralla e Láncara, e as obras afectarán á práctica totalidade da vía, concretamente ata o punto quilómetro 10,5. Consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de desperfectos e na pavimentación. O prazo de execución é dun mes e medio.

En Sarria, adxudicouse a esta mesma empresa (Grupo Bascuas 2008) a mellora da LU-P-5713, que vai desde Sarria ata a parroquia de Piñeira, cun investimento de 101.335€. Este proxecto inclúe a renovación do treito que vai desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 1,8. O prazo de execución é dun mes e levarase a cabo a reapertura de cunetas, labores de drenaxe, a pavimentación e a sinalización vertical.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...