HomeDeportesComo afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

Esta fin de semana celébranse 50 anos da Subida a Chantada. O Concello colabora un ano máis coa organización e anima á participación respectando os viñedos e as normas de seguridade

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o parque pechado situarase na rúa Xoán XXIII polo que quedou pechada ao tráfico desde media mañá deste venres, 26 de xullo. A “Cerimonia de Saída“, na que se presentarán os 77 participantes, será tamén hoxe ás 20:30h na Praza de Galicia, polo que quedará prohibido estacionar na Avda. de Monforte desde a media tarde do venres ata as 22:00h, hora prevista de finalización da ceremonia de saída.

Ademais coma tódolos anos, cortarase ao tráfico, a estrada na que se desenvolve a proba, LU C-533. O sábado, 27 de xullo desde as 10:00h. ata a finalización dos adestramentos, a última hora da tarde; e o domingo, 27 de xullo a partir das 7:30h. ata as 15:00h. aproximadamente, dependendo do desenvolvemento da carreira. Habilítase desvío alternativo, que estará oportunamente sinalizado, pola estrada CP – 1811 a través do encoro de Belesar.

O Concello de Chantada, que colabora coa Subida desde os inicios, destaca a importancia desta proba e a súa repercusión tanto para Chantada como na contorna, “Para Chantada é un evento dos principais do ano, xuntamente coa Feira do Viño, coas Festas Patronais, Folión de Carros,… A Subida a Chantada é un clásico que todos os veráns nos trae alegría e economía ao municipio e á contorna para dar cabida a tanta xente”, sinala o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Neste 50 aniversario o alcalde lembra os inicios, “Chegamos ás vodas de ouro desta competición e grazas á miña idade lembro todos os anos da subida. Na mocidade marchabas para a ribeira e estabas preparado para ver a Subida desde primeira hora da mañá. Os primeiros anos sempre son especiais, agora resulta entrañable mirar cara atrás porque daquelas era excepcional. Aquela estrada vella na que non había aínda o carril rápido e participaban xa corredores de toda índole e de moitos lugares, pero de Chantada moitos que tiñan bo coche e subían de marabilla pola estrada arriba”.

A concelleira de Deportes, Belén Vázquez Caseiro, destaca a beleza do circuíto con vistas aos viñedos da viticultura heroica e fai un chamamento a respectar os viñedos e as directrices de seguridade, “Celebrar 50 anos é un éxito e mostra unha proba moi consolidada que se mantén no tempo. Dar a noraboa á organización, o concello sempre colaborará con este tipo de iniciativas deportivas, nas que ademais temos de balcóns os viñedos de Chantada. Animo á xente a que veña desfrutar coa proba e que se respecten os viñedos e as directrices da organización sobre seguridade para non ter incidencias”.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...