O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer este sábado 27 de agosto o programa completo das Festas Patronais 2024, que se van celebrar do 11 ao 16 de agosto na cidade do Cabe.
Como en ocasións anteriores, o rexedor monfortino quixo salientar a importancia de ter un programa de festas variado e moi atractivo pola súa calidade para encher Monforte e ser un referente non só no sur de Lugo senon incluso a nivel de Galicia. “Estamos convencidos de que os concertos programados van ser capaces de encher o recinto das Festas, debido á calidade das actuacións e tamén debido ao variado dos estilos musicais”, dixo.
O inicio das Festas terá lugar o 11 de agosto coa lectura do Pregón, a cargo da enxeñeira de Camiños, Canais e Portos Isabel Pardo de Vera Posada. Tras o lanzamento do foguete e o encendido da iluminación artística, como é habitual, haberá unha actuación musical, na praza de España, a cargo da monfortina Rosa Cedrón, acompañada pola pianista Juanjo Fernández e polo violinista Javier Cedrón.
PROGRAMA MUSICAL DAS FESTAS PATRONAIS
No que respecta ao programa deste ano, aquí quedan detalladas as actuacións máis salientables, entendidas como máis relevantes, día por día de comezo a fin dos días 11 ao 16 de agosto.
DOMINGO 11
20:30 h.- Pregón, a cargo de Isabel Pardo de Vera Posada, na Casa do Concello, logo da intervención institucional do Alcalde, José Tomé Roca.
22:30 h.- ROSA CEDRÓN, na Praza de España .
LUNS 12
22.30 h- Grupo América de Vigo, na praza da Compañía
23:00 h.- Orquestra do Conservatorio Municipal Mestre Ibañez, na praza de España
00:00 h.- Orquestra PANORAMA, na praza da Compañía
02:00 h.- Grupo América de Vigo, na praza da Compañía
03:30 h.- Orquestra PANORAMA, na praza da Compañía
MARTES 13
23:00 h.- Os Parentes, na praza de España
23:00 h.- Orquestra Costa Dorada, na praza da Compañía
00:00 h.- ROZALÉN, na praza da Compañía
01:30 h.- Orquestra Costa Dorada, na praza da Compañía
MÉRCORES 14
21:30 h.- Baile-Concerto da Banda d Acordeóns O Folión, na Praza de España
22:30 h.- Grupo monfortino Cool Flanders, na praza da Compañía
00:00 h.- ÁLEX UBAGO, na praza da Compañía
01:30 h.- Grupo monfortino Malenne, na praza da Compañía
XOVES 15
20:30 h.- Mostra de danza e música tradicional, na praza de España
23:00 h.- Orquestra Acordes, na praza da Compañía
00:00 h.- Fogos Artificiais dende San Vicente
00:30 h.- ÁLVARO DE LUNA, na praza da Compañía
02:00 h.- Orquestra Acordes, na praza da Compañía
MÉRCORES 16
23:00 h.- Orquestra Miramar,na praza da Compañía
00:00 h.- Fogos Artificiais de Auga dende o río Cabe
00:30 h.- LA LA LOVE YOU, na praza da Compañía
02:00 h.- Orquestra Miramar, na praza da Compañía
Ademais das anteriores, lembrar que amenizarán as tardes e noites dos días 12 ao 16 de agosto, as seguintes propostas musicais: o grupo de batucada Os Xograres de Lemos, a Orquestra de Música do Conservatorio do Concello de Monforte, o grupo de batucada Creativa, o grupo Os Parentes, a Asociación Amigos da Pandeireta de Monforte, a Banda de acordeóns O Folión, o grupo de batucada Baturruca, e o grupo Gaitucada Aikirindo.
OUTROS EVENTOS DO PROGRAMA DAS FESTAS
O xoves 15, Día da Patroa, a Virxe de Montserrat, terá lugar na igrexa de San Vicente recuperando así a tradición de celebrala neste tempo, unha vez rematadas as actuacións de mellora que se fixeron na mesma. A comitiva institucional encabezada polo Alcalde sairá do Campo de San Antonio ás 10:30 h. e a misa celebrarase ás 11 horas.
Tamén ese xoves 15 de agosto terá lugar o Día do Gaiteiro, no que alboradas de grupos de gaitas sairán pola mañá e percorrerán diferentes rúas da cidade. Pola tarde, na Praza de España terá lugar a Mostra de Danza e Música Tradicional na praza de España. En ambos casos, a maioría de grupos de gaitas e de danza son de Monforte.
Pola noite, antes dos Fogos de San Vicente e as actuacións musicais, as Barcas tradicionais engalanadas farán un percorrido polo río Cabe, a partir das 23:30 h.
O Programa das Festas tamén inclúe a décima edición do Festival Cómico Festivo “A Rúa é Vosa”, os días 12, 13, 14 e 16 de agosto, e terá como escenarios a Praza de España e a rúa Cardeal. O programa deste festival contará coa participación de 6 grupos, e os protagonistas serán a música, a maxia, as acrobacias aéreas, os paiasos, os monicreques, o mimo, o circo e a danza.