HomeDeportesMonforte acolleu a 3ª Copa Liga Galega Promoción Slalom de Piragüismo

Monforte acolleu a 3ª Copa Liga Galega Promoción Slalom de Piragüismo

O Club Quixós de Monforte acadou 10 medallas individuais e o segundo posto por equipos con 252 puntos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O río Cabe, no tramo do Paseo do Malecón, foi esta mañá escenario da 3ª Copa Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de Monforte. Na competición participaron 85 palistas procedentes de Dumbría, Mondariz, Salvaterra, Tomiño, Castrelo de Miño e Monforte de Lemos; deportistas que competiron con total entrega malia o calor reinante ao longo de toda mañá e aguantando unha proba que se alongou ata pasadas as 14:00 h.

Un deportista do Quixós encara unha porta no tramo habilitado para competir no paseo do Malecón. Foto: XdL

No último tramo da proba estiveron presentes o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, que fixeron a entrega das medallas correspondentes axudados tamén por Iván, Presidente do club anfitrión.

A actividade foi organizada polo Club Quixós de piragüismo, e contou co apoio do Concello de Monforte e a Deputación de Lugo. Na competición de promesas participaron as seguintes categorías (masculino e feminino): Infantil C1, Alevín C1, Infantil K1, Alevín K1, Benxamín K1 e Prebenxamín K1.

Un momento da competición. Foto: A. Cortiñas.
MEDALLEIRO PARA O CLUB QUIXÓS

Do Club Quixós levaron medallas os seguintes deportistas: Xoel, ouro en C-1 e prata en K-1 (categoría alevín); África, ouro en C-1 e prata en K-1 (categoría infantil); Edgar, prata en k-1 e bronce en C-1 (infantil); Lucas, prata en C-1 e bronce en K-1 (alevín); Manuel, prata en k-1 (benxamín) e Abril, bronce en k-1 (alevín).

Entrega medallas K-1 categoría alevín masculino. Foto: XdL

Por equipos, resultou gañador o club Teixugos de Tomiño, con 261 puntos, seguido do club Quixós de Monforte, con 252 puntos, e quedando en terceiro lugar o club de Dumbría con 170 puntos.

Entrega das medallas por equipos. Foto: XdL

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...