HomePolíticaA Capela da Virxe de Guadalupe no concello de O Saviñao, en...

A Capela da Virxe de Guadalupe no concello de O Saviñao, en moi mal estado

O BNG do Saviñao ven de presentar unha serie de iniciativas para a conservación e posta en valor da Capela da Guadalupe en San Vitorio de Ribas de Viño

Publicado o

- Advertisement -

 A Capela da Virxe de Guadalupe en San Vitorio de Ribas de Miño atópase situada  no concello de O Saviñao e está recollida como un dos bens inmobles incluídos no expediente de catalogación da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC)

A singulariedade arquitectónica deste edificio do século XVIII e a súa localización na Ribeira do Miño, fan que o conxunto da Capela da Virxe da Guadalupe sexa algo único na Ribeira Sacra

O paso do tempo e a falta de mantemento foron causando importantes danos nesta construción que, na actualidade, atópase nun estado precario, por este motivo, o BNG ven de iniciar unha batería de propostas para que as institucións responsables  realicen un estudo de campo minucioso e riguroso do estado de conservación da Capela da Virxe da Guadalupe, así como una diagnose sobre as intervencións necesarias para a súa conservación e posta en valor

Parede da Capela deteriorada/Bng O Saviñao

As propostas son; unha moción no Pleno do Saviñao que se celebrará este venres 30 de novembro, unha proposición non de lei para o debate en Comisión e unha proposición non de lei para o debate no Pleno do Parlamento.

O BNG de O Saviñao considera que a Xunta de Galicia, Concello do Saviñao e a Igrexa deben colaborar para sacar adiante este proxecto.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...