HomeCulturaVerbena Fest este 3 de agosto en Sarria

Verbena Fest este 3 de agosto en Sarria

A Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación colaboran con esta cita que se desenvolve na terraza do Meigallo en Sarria

Publicado o

POR
Refacción
- Advertisement -

Unha sesión vermú, de 13.00 a 15.00 horas, será o aperitivo do festival, con actuacións de Grande Amore, Carlangas, DJ Grande Osso, Louband e Futuro Alcalde -a partir das 19.00 horas -na terraza do Meigallo.

O acto de presentación tivo lugar no propio establecemento coa presenza do delegado territorial de Lugo, Javier Arias, a directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, entre outros.

Arias destacou que a proposta “estase a consolidar como unha das citas de música indie máis importantes da provincia” e gabou a súa aposta polos artistas galegos.

Castro amosou o apoio da Vicepresidencia da Deputacion ao festival organizado pola Asociación Verbam, “unha mostra máis do dinamismo da mocidade e do tecido asociativo de Sarria, que enche a vila de actividade musical e cultural” e encadrou a colaboración “no apoio que as áreas da Vicepresidencia ofrecen ao tecido asociativo, ao tempo que se impulsa a presenza de bandas galegas en festivais e citas musicais do territorio”.

As persoas interesadas aínda poden adquirir entradas a través dos enlaces para compra en liña dispoñibles nas redes sociais do festival.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...