HomesociedadeEste mércores comeza o dispositivo especial de tráfico das Festas Patronais de...

Este mércores comeza o dispositivo especial de tráfico das Festas Patronais de Monforte co peche do estacionamento do Parque dos Condes ás 23:00h

A Policía Local de Monforte, elaborou un amplo e completo dispositivo que regula tanto o tráfico da cidade como as zonas de aparcamento, para facilitar a circulación de vehículos durante os dias que se realicen os traballos de preparativos para as Festas Patronais, os días de celebración das mesmas e os días posteriores, nos que se realizan os traballos de desmontaxe das atraccións e palcos musicais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal e como se desprende do informe da Policía Local, as actuacións en materia de tráfico que se levarán a cabo, son as seguintes:

Peche do estacionamento do Parque dos Condes.

Por ser necesario para albergar as principais barracas e atraccións das festas, procederáse ao peche do estacionamento no Parque dos Condes dende ás 23:00 horas do mércores día 7 de agosto ata a completa desmontaxe das citadas instalacións, que previsiblemente será o sábado 17  pola tarde ou a madrugada do domingo 18 de agosto.

Como alternativa, ademais de manter aberto o aparcamento existente na rúa Sarria, abrirase ao público un solar sito en rúa Francisco Moure, pasando o paso a nivel, que estará dispoñible ata a finalización das festas e reapertura do anterior, e instalarase sinalización orientativa da súa ubicación.

Supresións do estacionamento.

Para permitir a montaxe das barracas e postos das festas, dende o xoves día 08 de agosto, incluído, ata a finalización das festas e desmontaxe das atraccións, suprimirase o estacionamento en rúa Compañía, pola marxe dereita  no tramo fronte a “As Casitas”, e en ambas marxes no resto ata o Paseo de Lugo.

Igualmente, desde as 14.00 horas do venres 09 de agosto, incluído, suprimirase o estacionamento na marxe dos pares da rúa Dalmiro de la Valgoma, a cal permanecerá habilitada como vía de dobre sentido de circulación durante todos os días das festas.

Cortes de tráfico

Rúa da Compañía:

O tramo dende a bifurcación con rúa Moure ata o Paseo de Lugo (frente ós quioscos e cafeterías) pecharase o venres día 9 dende as 14:00 horas ata a finalización da desmontaxe e retirada das atraccións, que se estima que será o sábado día 17 ó longo do día. Permitirase o paso de vehículos para distribución de mercadorías e servizo domiciliario de residentes en horario de 8:00 a 13:00 horas sen que poidan permanecer estacionados mais tempo do imprescindible para a realización de ditas tarefas.

Desde o día 11 ó 16 de agosto, ambos incluídos, desde ás 18:00 horas ata a finalización das actuacións, que se estiman aproximadamente ás 04:00 horas, o tráfico estará cortado na súa totalidade na rúa Compañía, así como no tramo de Escultor Francisco Moure que vai desde o seu inicio ata a confluencia coa rúa Sarria. 

Nese horario, o tráfico procedente do centro cidade será cortado na glorieta de Puente Fontecha e desviado por Roberto Baamonde – Av. Galicia – rúa Sarria/Celso Emilio Ferreiro e para acceder a Carude e A Pinguela seguirá por rúa Dalmiro de la Valgoma que estará en dobre sentido de circulación, polo que se suprimirá o estacionamento na marxe dos pares, e o que circule por rúa Escultor Francisco Moure será cortado a altura da rúa Sarria e desviarase por esta e por Av. Galicia, ata rúa do Conde ou Roberto Baamonde.

O xoves día 15 de agosto, o tráfico de subida ao conxunto monumental de San Vicente desde o Campo da Virxe estará cortado desde as 10:00 h. ata a finalización dos actos de misa e ofrenda floral que se estima será sobre as 13:00 horas e dende as 23:30 horas ata a finalización do lanzamento dos fogos artificiais que se estima será sobre as 00:45 horas. Tamén se prohibirá o estacionamento na subida.

O venres día 16 de agosto, desde as 23:00 h ata a finalización dos fogos do río, que se prevé sobre a 01:00 da madrugada do día 17, estará cortado o tráfico as rúas Doctor Casares dende o cruce de S. Pedro en sentido centro da cidade, o Paseo do Malecón completo, así como na Ponte Vella e nas rúas de acceso a esta (Méndez Casal desde Campo de San Antonio) e Santa Clara desde o enlace con rúa Corredoira.

Igualmente, todas as datas das festas pecharase a rúa Duquesa de Alba entre ás 00:00 e as 08:00 h.

Todos os horarios e datas son orientativos, podendo ser modificados en función das necesidades que xurdan durante a celebración das Festas Patronais. En todo caso, instalarase sempre a sinalización correspondente. O Equipo de Goberno quere solicitar e agradecer a colaboración aos cidadáns que se poidan ver afectados polas medidas que se adoptarán durante os dias que dure o dispositivo de tráfico das Festas Patronais de Monforte.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...