HomeCulturaRetrato de Monforte de Tino Vila preséntase este 10 de agosto no...

Retrato de Monforte de Tino Vila preséntase este 10 de agosto no Ateneo Casino de Monforte

Este sábado, 10 de agosto, ás 20:00h., preséntase no Ateneo Casino de Monforte o último libro editado pola editorial Agrasar Editores. Trátase do libro de fotografías "Retrato de Monforte" de Tino Vila, fotógrafo de referencia da zona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O libro é un percorrido pola segunda metade do século XX, no que se mostra a transformación da cidade de Monforte de Lemos, tanto no seu apartado urbanístico como social. A través da cámara de Tino Vila, pódense rememorar aqueles anos e volver lembrar momentos históricos, atopar a familiares e coñecidos e ver a evolución das rúas e edificios da cidade.

No acto estarán presentes, Ángel Arnáiz, xornalista e colaborador do diario El Progreso, que foi o encargado de redactar os textos que acompañan as imaxes, ademais de identificar as persoas que saen nas fotografías; Ramón González Álvarez, Ramón da auga, amigo da familia Vila e encargado, xunto con Arnáiz da identificación das fotografías e Jacobo R. Agrasar, editor do libro con “Agrasar Editores”, editorial monfortina.

A entrada é libre ata completar aforo.

ÚLTIMAS

Blas Rodríguez: “Inimaxinábel o traballo que teñen as probas de montaña”

Blas Rodríguez é un deportista apaixonado das carreiras de montaña e do Courel. É...

No Día de Rosalía, Celia Díaz dá unha charla ao alumnado do CEIP de Quiroga

Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas...

O comité de centros de atención primaria denuncia deficiencias graves na subministración de material

Aseguran desde o Comité que as deficiencias na subministración afectan a produtos básicos necesarios para...

Pregoeiros de cine na Feira do Viño de Quiroga

Edu Soto, é un actor, humorista e cantante español que traballou con con Andreu...