HomeEconomíaComo se gastan 1.000€ en 45 minutos no comercio de Sarria?

Como se gastan 1.000€ en 45 minutos no comercio de Sarria?

Hoxe, sábado día 10 de agosto ás 10:20 minutos, aproximadamente, da mañá comezou a xornada de compras da décima primeira edición da campaña 60x1.000, na que participaron 29 establecementos da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A premiada desta edición foi Maria Belén López López que acudiu acompañada da súa amiga María José para realizar as compras. A ACES puxo á súa disposición un coche antigo da Asociación de coches antigos de Sarria que, a acompañou durante todas as súas compras polos comercios de Sarria. Rodeada de varias reporteiras e fotógrafas, Belén gastou os 1.000 € en 45 minutos sobraronlles 15 minutos do tempo máximo establecido, para mercar.

Belén mercou en 9 comercios, dos 29 participantes. En primeiro lugar dirixiuse a  “Atmosfera Sport” onde mercou dúas sudaderas e uns tenis para os seus sobriños. O segundo comercio elexido foi “Vilamey Complementos” onde mercou un bolso. O seguinte comercio foi a “Lar de Menchu”, onde mercou un par de sábanas e unha colcha de verán. Posteriormente visitou  “Colorín Colorado”, o comercio que lle deu a sorte e mercou unha sudadera e unha camiseta. Despois dirixiuse a “Xoiería Díaz” onde mercou uns pendentes e un anillo e a continuación dirixiuse a “Mercería Sarillo” onde mercou un bikini tamén aproveitou para mercar en “Dimar Moda” un pantalón de home. Ainda tivo tempo de pasar por “Moncho Moda” para mercar 3 pantalóns vaqueiros. Tras unha nova viaxe no espectacular coche que os trasladaba aos comercios, chegou ata “Cris Abad” onde mercou unhas sandalias e uns tenis para o sobriño.

Remata así esta campaña que tivo, como nas edicións anteriores, gran acollida entre os asociados e a veciñanza de Sarria.

Compras 60×1000 2024 Aces Sarria

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...