HomesociedadeFormación profesional no mundo do viño

Formación profesional no mundo do viño

En Galicia hai catro centros que imparten ensinanzas relacionadas co mundo do viño, o IES do Ribeiro (Ribadabia), o IES Ramón Cabanillas (Cambados), o CIFP da Granxa (Ponteareas) e o CPR Belarmino Fernández Iglesiasde (Sober).

Publicado o

- Advertisement -

O novo ciclo superior en vitivinicultura, que se imparte na Escola de Hostalería Belarmino Fernández, ten unha duración de dous anos académicos (2000 horas) e impártese como ensinanza do réxime ordinario. Requiren este perfil profesional empresas dedicadas á produción de uva, á elaboración, crianza e envasado de viño e á elaboración de destilados de viño, concentración de mostos, vinagres e outros produtos derivados da uva e do viño.

Fórmase a perfís profesionais de técnico vitivinícola, técnico en análise sensorial, encargado de recepción de  mostos frescos e  sulfitados, supervisor de columnas de destilación e concentración, encargado da liña de envasado de destilados, concentrados e  vinagres e encargado de envellecemento e crianza de destilados e vinagres.

“Ten todo o sentido que unha das zonas produtoras de viño máis importantes de Galicia, como é a Ribeira Sacra, poda contar con formación específica e especializada, para formar a futuros profesionais que sigan apostando polo produción de vides e viño, para seguir creando caldos de excelente calidade“-sinalaba o Delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, na visita as instalacións.

A Fundación Belarmino Fernández Iglesias, con sede no Pazo de Ribas, Rosende (Sober), adícase á formación profesional nas actividades de hostalería e turismo. Na actualidade, ademais do novo ciclo superior en vitivinicultura (16 alumnos), impártese FP de grado medio en Cociña e Gastronomía (24 alumnos) e en Servizos en Restauración (18 alumnos).

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...