HomeComarca de QuirogaRibas de SilGrandes Festas Patronais de San Clodio 2024

Grandes Festas Patronais de San Clodio 2024

O cartel deste ano presenta moitas propostas musicais e de lecer para todos os públicos. Ademais, o día 16 terá lugar o ‘Rock & Viño’ á beira do río Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 14 de agosto comezan as Festas Patronais de San Clodio, capitalidade do Concello de Ribas de Sil, cun programa moi completo para todos os públicos que se estenderá ata o sábado 17.

O mércores 14, véspera de festivo, de 11:00 a 13:00 h. haberá unha xornada de portas abertas na adega ‘Pazo de La Cuesta’, actividade de balde pero con reserva previa nas oficinas do concello.

Este mesmo día, en xornada de mañá e de tarde, haberá inchables na Praia Fluvial con Festa da Escuma final cara as 19:30 h. momento no que se lles ofrecerá aos pequenos e pequenas unha merenda no anfiteatro. A continuación, sesión de contacontos coa Cia Animar-T, espectáculo patrocinado pola Xunta de Galicia co seu ciclo ‘Cultura no Camiño’. E para rematar a xornada festiva, neste caso na Praza do Concello: ‘Chourizada’ ás 21:30 h., actuación de ‘Estefanía Fernández’ –cantante da Comarca de Lemos que chegou a semifinais no programa de talentos ‘La Voz Kids’–, e verbena a cargo da orquestra Solara.   

O 15 de agosto San Clodio espertará co pasarrías do grupo de Gaitas ‘Brabán’ e ás 12:00 h. terá lugar a tradicional procesión polas rúas de San Clodio, con Misa solemne a continuación. Xa pola noite, actuación da Banda de Música de Lourenzá dentro do programa ‘Tradigalu’ da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e verbena coa orquestra Chanel.

ROCK & VIÑO

Este evento, que ocupará a xornada do 16 de agosto, conta cunha novidosa actividade. Ás 10:30 h. haberá unha cata de viños por parellas no Salón de Actos da Casa do Concello, cata á que se asistirá con reseva previa.

Pola tarde, xa na Praia Fluvial, a partir das 19:00 h. será o momento de gozar do viño e da música. Haberá 5 adegas presentes en diferentes stands (Casa de Outeiro, Pazo de la Cuesta, EDV Viticultores, Lar de Ricobao, Val de Quiroga), e variadas ofertas musicais.

Dende ese hora e ata entrada a madrugada do sábado acompañarán ambientando o recinto o grupo de música tradicional de Quiroga, O Recanto; os DJ Adri Díaz e Dani Daniel; e os grupos Caminantes (pop) e Doc Magoo’s (rock). Ás 24:30 h. o protagonismo será dos Fogos Artificiais.

Doc Magoo’s en concerto en San Clodio (arquivo)
REMATE DAS FESTAS

Será o sábado 17, día de distensión festiva coa ‘XXVII Subida Ciclista a Torbeo’ ás 10:00 h. e unha actuación de monicreques na Praia Fluvial. Esta última proposta leva por título ‘De Vilatriste a Vilalegre’ e será ás 20:00 h. no anfiteatro da Praia Fluvial.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...