HomesociedadeAs Gymkhanas do CCU de Monforte volven do 22 ao 24 de...

As Gymkhanas do CCU de Monforte volven do 22 ao 24 de agosto

Os clientes do CCU que fagan gasto superior a 9 € poderán acceder ás atraccións pagando tan só un euro.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

“Máis de 100 metros de gymkhanas con novos obstáculos para vivir unha experiencia aínda máis espectacular que a de anos pasados”, así convidan á veciñanza e visitantes os responsables do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos para aproveitar a ocasión de pasalo en grande do 22 ao 24 de agosto, na Praza da Compañía.

GYMKHANAS DE 76 E DE 35 METROS

Para este ano, o CCU presenta unha Gymkhana de 76 metros de inchables con 7 módulos totalmente novos con obstáculos diferentes e nunca vistos antes en Monforte. Atracción apta a partir de 5 anos e sen límite idade para poder empregala no caso de verse en forma e sen problemas de saúde. Ademais desta novidade, os máis peques tamén poderán gozar dunha nova gymkhana de 35 metros, pensada especialmente para eles. Neste caso, recoméndase o emprego da mesma só para aqueles pequenos e pequenas que teñan non máis de 5 anos.

Estas actividades están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e contan coa colaboración do Concello de Monforte.

COMO CONSEGUIR AS ENTRADAS?

Os clientes do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte poden acceder por 1€ presentando unha entrada da actividade. Para conseguir as entradas da actividade é necesario facer un gasto de polo menos 9 € nalgún dos establecementos asociados ao CCU (cada negocio contará con 50 entradas). 

O acceso para quen non poda presentar entradas conseguidas como se vén de comentar, terá que pagar 15 € por entrada + 1€ de acceso a algunha das Gymkhanas.

Da entidade dinamizadora do comercio local monfortino recomendan tamén estar atento ás súas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e X, onde será posible que se agasallen entradas entre os/as seguidores/as.

HORARIOS

As dúas Gymkhanas estarán abertas ao público no seguinte horario:

– Mañás: de 11.00 a 14.00 h.

– Tardes/Noites: de 17.00 a 22.00 h.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...