HomesociedadeA Pobra do Brollón vaise de tapas

A Pobra do Brollón vaise de tapas

O concurso, que este ano chega á súa X edición, desenvolverase ata o venres 7 de decembro e conta con seis establecementos participantes.

Publicado o

- Advertisement -

O concello da Pobra do Brollón organiza este evento para dinamizar a hostalería local nesta primeira semana de decembro na que se prevé que chegue xente de fóra aproveitando a ponte.

Os seis establecementos que participan fano cunha única tapa que puntuará un xurado popular, sendo o prezo do petisco de 1,50 €. Como condicións a ter en conta, para os participantes a obriga de consumir unha bebida con cada tapa; e para os hostaleiros ter exposto ao público un cartel co nome da súa creación e cumprir un horario para ofrecer as tapas (de 12:00 a 14:00 h. e de 19:00 a 22:00 h.). Cada local terá un cartel identificativo como participante do concurso e unha urna para que os clientes depositen os cupóns de votacións correspondentes, cupóns que terán que ter todos os recadros selados para ser válidos. Serán descualificadas as cartolinas que non teñan todos os seus datos ben cubertos e as que non aparezan seladas correctamente.

Así, pois, o xurado é popular. Os gañadores do X Concurso de Tapas da Pobra do Brollón decidirase coa puntuación do público e será gañador o establecemento que máis puntos acade. Se houbese empate o gañador decidirase por sorteo.

Os locais que concursan nesta ocasión son: A Salanova e Cantina de Julia en Salcedo, O Fogón en Cereixa, La vieja Taberna, Bar Avenida e Bar O Pirata na Pobra do Brollón.

Como novidade para este ano valorarase a promoción dos viños da Ribeira Sacra e os premios para os tres primeiros establecementos participantes serán un trofeo e un diploma acreditativo. Entre os consumidores que votaran sortearase un agasallo consistente nun circuíto termal e unha noite para dúas persoas no Hotel Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort de Ferreira de Pantón.

Os premios faranse públicos o día 5 de xaneiro de 2019 na Casa da Cultura “Olga Novo” dentro da programación de actos dos Reis.

 

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...