HomeCultura30 de agosto de Noite Meiga en Sarria

30 de agosto de Noite Meiga en Sarria

A asociación Meigas e Trasgos presentou este semana o programa nun acto que contou coa participación da directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo, Carmen José López, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia patrocina o concerto que ofrecerá Baiuca o venres, 30 de agosto, ás 23.00 horas, no parque do Chanto de Sarria. Deste xeito, o Goberno galego reforza o tirón turístico da Noite Meiga cun dos artistas galegos de maior proxección nacional e internacional, creador dun estilo propio que mestura a música tradicional coa electrónica.

Un ano máis, a Xunta encárgase de facilitar a principal cita musical da festa, á que en edicións anteriores achegou igualmente actuacións de primeiro nivel como as de Luar na Lubre e Treixadura.

A Xunta apoia o traballo da asociación organizadora, e ofreceulle tamén o asesoramento e a colaboración precisa para poder levar adiante o seu obxectivo de que a Noite Meiga sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...