HomesociedadeRecuperada unha cruz de prata do século XVII desaparecida na Terra Chá

Recuperada unha cruz de prata do século XVII desaparecida na Terra Chá

A Garda Civil, no marco da operación gulgalta, detivo o martes a un veciño de Lugo, de 67 anos, como suposto autor de delitos contra o patrimonio histórico, receptación e falsidade documental.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da operación gulgalta, detivo o martes a un veciño de Lugo, de 67 anos, como suposto autor de delitos contra o patrimonio histórico, receptación e falsidade documental. Segundo informa, a operación iniciouse tras ter constancia da desaparición do interior dunha parroquia da Terra Chá dunha cruz de prata con alma de madeira, repuxada, cebola redonda co relevo de San Martin no reverso e coa inscrición do ano 1696.

No desenvolvemento da operación contáctase con numerosos expertos na materia e “tras unha ardua investigación lógrase recuperar do interior dunha vivenda particular, situada na localidade de Monforte de Lemos, o ben eclesiástico desaparecido”. A Garda Civil explica que se interveñen outros obxectos de arte sacra dos que o seu presunto propietario non puido determinar a súa licita procedencia, continuando xestións para determinar se as reliquias puideran ser bens eclesiásticos.

ÚLTIMAS

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...