HomePolíticaO PSOE reclama 2,3 millóns da Xunta para o suroeste da provincia

O PSOE reclama 2,3 millóns da Xunta para o suroeste da provincia

Segundo os socialistas o PP discrimina aos veciños Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei e Taboada ao non deixar nos orzamentos do 2019 case ningún investimento para esta zona.

Publicado o

- Advertisement -

No concello de Chantada, o PSOE demanda 300.000 euros para mellorar os problema co suministro eléctrico no polígono dos Acivros. Tamén piden 75.000 euros para o proxecto dunha nova depuradora, para solucionar os continuos vertidos ao río Asma dende 2007.

Con respecto á estrada LU-231 Friol-Palas de Rei, aseguran os socialistas que o PP suma un total de 860.000 euros prometidos pero nunca executados. No 2019 contémplanse 750.000 euros, os socialistas esixen o inicio inmediato desta actuación e un investimento mínimo para o 2019 de 1,3 millóns.

Os socialistas esixen 450.000 euros do novo Orzamento da Xunta para mellorar o saneamento e ampliar a depuradora de Monterroso. Lembran que no 2011, o PSOE no Goberno municipal adquiriu os terreos e redactou o proxecto para ampliar a depuradora, pero dín que o PP na Xunta rexeita colaborar.

Como demandas históricas da zona, tamén figura a segunda panta da residencia para maiores e un centro de día no municipio de Antas de Ulla, cuestión para a que reclaman 200.000 euros.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....