HomeComarca de ChantadaChantadaRescatada unha muller en Chantada tras caer por un terraplén

Rescatada unha muller en Chantada tras caer por un terraplén

Publicado o

- Advertisement -

Unha muller foi rescatada este xoves tras caer por un terraplén no municipio lucense de Chantada. Segundo informou o 112, a ferida presentaba un brazo roto, arañazos na cara e a luxación dun dedo. Por iso, foi evacuada ao Hospital de Monforte, despois de que fose rescatada polos Bombeiros de Chantada.

Un particular chamou ao servizo pasadas as 11.00 horas e explicou que a muller caera por un terraplén en Pincelo, Nogueira de Miño, en Chantada. Avanzaba que tiña unha importante lesión nun brazo, e que serían necesarios medios para subir a ferida desde o fondo do terraplén ata a ambulancia.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos efectivos do parque comarcal de Chantada, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local. Pola súa banda, os bombeiros lograron o rescate e a ferida foi evacuada ao Hospital de Monforte por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...