HomeEconomíaComezan as obras da estrada provincial que une Sarria e Baralla por...

Comezan as obras da estrada provincial que une Sarria e Baralla por Piñeira

O prazo de execución destas obras é dun mes, polo que se espera que estean finalizadas nas próximas semanas. Con esta actuación, a estrada LU-P-5713 verá mellorada a súa seguridade e comodidade, en beneficio dos numerosos usuarios e usuarias que a empregan diariamente para conectar dous concellos de gran importancia na provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora na estrada provincial LU-P-5713, que conecta o concello de Sarria, a través da estrada autonómica LU-546, co concello de Baralla pasando pola parroquia de Piñeira. Esta intervención conta cun investimento que supera os 100.000 euros.

As actuacións, adxudicadas á empresa Grupo Bascuas 2008 S.L., afectan a un tramo de case dous quilómetros, concretamente dende o inicio da vía ata o punto quilométrico 1,850. Os traballos inclúen a limpeza das cunetas, melloras no sistema de drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical.

Esta intervención forma parte do compromiso da Deputación de Lugo por garantir a seguridade da circulación na súa rede viaria, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social das áreas rurais e mellorando a calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...