HomesociedadeMelloras nos accesos ao lugar turístico do Alto de Aldriz, en Quiroga

Melloras nos accesos ao lugar turístico do Alto de Aldriz, en Quiroga

A estrada LU-P-5005, que une o Alto de Adriz con Vilar de Lor, en Quiroga, acaba de ser mellorada entre os puntos quilométricos 5,5 ao 6,7.

Publicado o

- Advertisement -

A parroquia de Vilar de Lor está formada polos núcleos de Bustelo de Lor, Lamas de Lor, Orxais, Soán, Vilar de Lor, Xestoso. As actuacións levadas a cabo na LU-P-5005 consistiron na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical.

Estas melloras benefician directamente a 200 veciños da parroquia e a todos os turistas que habitualmente utilizan esta vía, xa que dá acceso ao Alto de Aldriz, unha zona moi visitada por practicantes dos deportes de montaña e sendeiristas.

As actuacións contaron cunha achega da Deputación de 53.000 euros.

ÚLTIMAS

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...