HomesociedadeCambio de horarios dos Paseos en Barca polo Cabe en Monforte durante...

Cambio de horarios dos Paseos en Barca polo Cabe en Monforte durante setembro

Os Paseos en Barca foron, ó igual que en pasadas edicións, nos meses de xullo e agosto, un grande foco de atracción para a poboación monfortina e para os milleiros de persoas que visitaron a cidade nesta época estival.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 1 ó 30 de setembro o río Cabe continuará acollendo a actividade Paseos en Barca polo río Cabe, pero cun novo horario, con respecto ós meses de xullo e agosto.

Hai diversos aspectos que contribúen a que este evento sexa moi significativo: a súa relevancia na recuperación do río Cabe e o seu contorno como elemento patrimonial de primeira orde en Monforte, o seu papel de acontecemento dinamizador de actividade a carón do río e o fomento que a actividade supón para manter vivo en xeracións de todas as idades o amor pola rica tradición fluvial local en particular e galega en xeral. E tamén é unha actividade que fomenta o deporte, ó ser os propios usuarios os que exercen de remeiros nas barcas.

Deste xeito, durante todo o mes de setembro, poderán seguir alugándose barcas de paseo no embarcadoiro do Parque dos Condes, de luns a domingo cos seguintes horarios:

  • Luns a venres, tardes de 17:00 a 21:00 h.
  • Sábado, domingo e festivos, mañás de 11:00 a 14:00 h e tardes de 17:00 a 21:00 h.

Cada paseo, dunha duración de media hora, custa 3,25 euros por barca. A actividade Paseos en Barca polo Río Cabe está organizada polo Concello de Monforte de Lemos en colaboración co Clube de Piragüismo Quixós. Contan tamén co apoio da Deputación de Lugo a través do Plan Deputación 2024 de Cooperación cos Concellos.

ÚLTIMAS

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...