HomeCulturaA Deputación achega 6.000€ ao Festival Trece Roeis que este sábado remata...

A Deputación achega 6.000€ ao Festival Trece Roeis que este sábado remata en Pantón

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este venres aos concertos da primeira xornada do festival Trece Roeis

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo achega 6.000€ para a celebración desta cita, “que contribúe a dinamizar social, turística e economicamente a Ribeira Sacra”, subliñou García Porto.

Así mesmo, a Deputada enmarcou esta colaboración provincial no modelo de turismo que defende a Deputación, “de calidade, proximidade, sostible e con capacidade para atraer visitantes todo o ano”. Ademais, destacou o compromiso da institución provincial “de colaboración cos 67 concellos da provincia e ao seu tecido asociativo para dinamizar a vida social e económica do territorio, sobre todo no rural”, concluíu García Porto.

Na primeira xornada Sara Socas abriu o cartel, á que seguiron TIAM Gz, Fillas de Cassandra, Soziedad Alkoholika, Arrhythmia e Rebeliom do inframundo, entre outros. O sábado pola tarde é a quenda de Exeria, Ana Tijoux, Sôber con Savia e Skizoo, Green Valley e Los de Marras, Maneiro, Pauliña Exeria, Amoebo, Festicultores.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...