HomePolíticaElba estará no Courel

Elba estará no Courel

Museos, Starlight, marca Courel-Caurel… As potencialidades do Courel a escena, cando se quere o mesmo pero ser goberno ou oposición fai cambiar o discurso.

Publicado o

- Advertisement -

C@urel Vivo lamenta que cando solicitaron en pleno pedirlle á Xunta un museo arqueoloxico para o concello, no que albergar as pezas que saíron del, a alcaldesa se negase asegurando que era un proxecto moi ambicioso. C@urel Vivo amosa a súa preocupación polo anuncio de que Quiroga está ampliando o museo de Xeoloxía para albergar unha réplica de Elba, atopada entre Courel e Pedrafita, cando consideran que debería estar no Courel.

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, pola súa banda, asegura que a intención do equipo de goberno é poder contar con museos tematizados en diferentes aldeas do municipio. Lembra que antes non había ningún museo e agora si, “pero o que non temos é capacidade para facer un macromuseo”, comenta Dolores Castro.

Con respecto á réplica de Elba, lembra a alcaldesa, que a presentación da peza fíxose na Estación Científica e “nese momento propúxose deixala aí, o que nos parece ben. Firmárase un convenio a tres partes entre as dúas universidades e o concello. Estamos á espera de que nos digan que é o que se necesita para ter aquí a réplica”.

pngtree.com

Convencidos de que os ceos do Courel poden ser considerados dos mellores de España para ver as estrelas, C@urel Vivo solicitou en pleno desenvolver os trámites para ser un destino Starlight. Segundo a formación política: “Tampouco viron convinte solicitalo. Agora, concellos como a Veiga xa é destino starlight e Muras pelexa para conseguilo.  So hai no mundo 13 sitios recoñecidos e o Courel  tiña grandes posibilidades. Non intentan conseguir cousas produtivas, só invisten o diñeiro “ó tuntún”  en monolitos, parques que nos custan o 10% do presuposto do anual do concello, etc.  Xa non falemos do que NON fixeron para preservar e impulsar o sector primario… Primeiro hai que crer nisto e traballar por esta terra, e cremos que non cren nisto”.

Dolores Castro asegura que o primeiro paso no proceso do Starlight é conseguir a certificación e para isto son necesarios 12.000 euros. “Pero estámolo mirando, non está descartado”.

O Courel / Orlando Gregorio

Outra petición que ten feito C@urel Vivo é que a comarca de Quiroga, que aglutina os concellos de Quiroga, Folgoso e Ribas de Sil, se denominase comarca do Courel. Acusan aos 3 alcaldes de falta de amplitude de miras, cando é evidente, dín, que a comarca sería máis coñecida co cambio de nome e aseguran que seguirán adiante e o levarán a pleno.

Neste tema a alcaldesa de Folgoso sinala “Aquí non presentaron nada, pola nosa parte non habería problema. Pero as comarcas aquí non supoñen nada xuridicamente ou administrativamente, só teñen o nome. Non sei se merece a pena entrar nestes temas. De momento temos o nome de Xeoparque Montañas do Courel.”

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...