HomeDeportesPreto de 200 deportistas participarán este 7 de setembro no Trail e...

Preto de 200 deportistas participarán este 7 de setembro no Trail e Andaina Capela do San Vitoiro

A Pobra do Brollón acollerá este sábado, 7 de setembro, a terceira edición do Trail e Andaina Capela do San Vitoiro, no que participarán preto de 200 deportistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita que organiza o Concello da Pobra do Brollón, contará con tres modalidades: Trail longo (28 quilómetros e un desnivel positivo de 1.100 metros), Minitrail (14 quilómetros e un desnivel positivo de 450 metros) e Andaina, cunha distancia de 14 quilómetros e, como novidade, a posibilidade de acurtar a 9, segundo a forma física de cada participante.

Unha vez pechado o prazo de inscrición, son un cento as persoas de todas as idades anotadas para a andaina, mentres que uns 80 atletas poñeranse a proba nas modalidades de trail.

Unha área recreativa e un miradoiro emblemático

O encontro deportivo comezará ás 9.30 horas cos participantes no Trail longo, seguidos 15 minutos despois dos da Andaina e, por último, o Minitrail. Tanto a saída como a meta estará instalada na área recreativa Samugueiros, no centro da localidade da Pobra. Neste punto, con zona de baño, haberá tamén unha pinchada final para todos os inscritos.

O percorrido transcorre nun 70% por sendeiros e nun 25% por cortalumes, de xeito que só o 5% restante é pista asfaltada. Ademais, o Trail longo terá como punto de referencia o miradoiro Pena do Santo, un lugar emblemático do concello da Pobra, nas inmediacións da capela do San Vitoiro, onde cada 27 de agosto se celebra unha popular romaría.

Uns trinta voluntarios, veciños da Pobra do Brollón, colaboran nos preparativos do evento, tanto nos labores de roza como de deseño e sinalización do percorrido ou atendendo os puntos de avituallamento que os deportistas atoparán ao longo do seu camiño. O Trail e Andaina Capela do San Vitoiro conta tamén coas aportacións de preto de trinta negocios, na súa maioría deste concello, que quixeron apoiar así a iniciativa.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados (masculino e feminino) do Trail longo e do Minitrail tanto na categoría xeral como en veteranos (maiores de 45 anos).

A maiores, obterán un trofeo especial os atletas máis destacados (masculino e feminino) da comarca de Lemos nestas dúas modalidades. Os organizadores animan a todos os veciños e veciñas, así como aos visitantes a achegarse ata A Pobra este sábado para desfrutar dunha xornada de deporte, natureza e convivencia nun grande ambiente.

Trail e Andaina Capela do San Vitoiro / Secundino Villaumbrales

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...