HomeEconomíaO Camiño Francés verá os seus sendeiros reparados logo dos temporais do...

O Camiño Francés verá os seus sendeiros reparados logo dos temporais do inverno

Turismo de Galicia aportará preto de 360.000 euros para acondicionar os sendeiros da ruta compostelá do Camiño Francés

Publicado o

- Advertisement -

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou hoxe os convenios de colaboración cos concellos por onde transcorre o Camiño Francés. Con esta sinatura, a Xunta de Galicia aportará o 77% do investimento necesario, preto de 360.000 euros, para reparar con carácter urxente os estragos causados polas choivas e os temporais dos últimos meses antes de que de comezo a época estival e aumente a afluencia de peregrinos.

Os convenios beneficiarán ós Concellos da provincia de Lugo de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso e Palas de Rei.

“O Camiño de Santiago é unha obra en permanente mellora, un espazo vivo. Por iso, desde Turismo de Galicia acondicionamos os tramos que se van deteriorando co paso do tempo e actuamos con especial énfase cando, como neste caso, as condicións climatolóxicas dun inverno afectan ó trazado”, sinalou Nava Castro, quen resalta que “o 64% dos peregrinos amosan un grado alto de satisfacción da experiencia do Camiño, e un 98,6% recomendaríao”.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...