HomeDeportes283 prazas para nenos e adultos nas Escolas Deportivas de Monforte

283 prazas para nenos e adultos nas Escolas Deportivas de Monforte

Este luns, 9 de setembro, abrirase o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello organiza durante o curso 2024-2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte oferta á cidadanía un amplo abano de actividades a través destas Escolas Deportivas municipais para o período 2024-2025, con 283 prazas dispoñibles.

A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos (a partir de 16 anos):

Actividades para nenos e nenas:

  • Golf (18 prazas)
  • Pádel (30 prazas)
  • Kung Fu (15 prazas)
  • Zumba infantil (20 prazas)

Actividades para adultos:

  • Ximnasia de mantemento (80 prazas)
  • Tai Chi (40 prazas)
  • Ioga (60 prazas)
  • Zumba (20 prazas)

As actividades darán comezo no mes de outubro e prolongarase ata finais do mes de maio de 2025, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50% para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial, ou a través da sede electrónica municipal.

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 9 e o 20 de setembro. O mércores 25 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos e admitidas confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes.

As persoas interesadas poderán solicitar un máximo de 2 actividades, tanto nas modalidades de nenos/as como nas modalidades de persoas adultas.

Se unha vez finalizado o prazo de inscrición se da o caso de que quedan prazas vacantes, se poderán seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
  • Fotocopia do DNI do solicitante
  • No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
  • No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...