HomesociedadeA ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

Dende a ANPA do C.E.I.P. Plurilingüe A Gándara de Monforte de Lemos, con máis de 100 familias asociadas, denuncian o estado de abandono no que se atopa o parque de xogos do centro ás portas do inicio escolar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste parque, o seu mal estado, e o perigo que supón para o alumnado, “xa que moitos elementos do parque están tan deteriorados, presentan estelas ao romper, outros elementos caen a pedazos ou apodrecen, algúns non manteñen a estabilidade…”.

Lembran que esta situación vénse denunciando dende o anterior curso educativo e nesta semana atopáronse o parque precintado, ao non garantir o seu uso en condicións de seguridade para o alumnado.

“Este abandono por parte das administracións é un claro exemplo de discriminación, pois cremos que ningún colexio do concello debe iniciar o curso co seu parque de xogos precintado por supoñer un risco para a seguridade do seu alumnado”, conlúen desde a ANPA.

Parque de xogos da Gándara / ANPA A Gándara

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...