HomeCulturaDespois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira...

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Nesta edición, os actos tiveron lugar nas Igrexas de San Martiño de Nogueira (Nogueira de Ramuín), San Cristovo de Castro (Carballedo) e Sta María de Montederramo, así como no Consorcio Local dos Peares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes músicos de relevancia internacional para convivir e traballar xuntos ao longo dunha semana, ofrecendo concertos nunha zona de atractivo inigualable como é a Ribeira Sacra.

Nesta edición os artistas residentes foron Pablo Hernán e Afonso Fesch, violíns; Tomoko Akasaka, viola e violonchelistas Thomas Grossenbacher e Beatriz Blanco, directora artística do Festival. O Concerto de Inauguración correu a cargo do gañador do Premio Galimusic-Fest Clásico Ribeira Sacra 2023, David Martínez, quen cautivou ao público asistente.

O Premio de Clásica Ribeira Sacra 2024 Galimusic-Fest foi concedido á viola, Amalia Bosch, que tamén obtivo o Premio do Público. Cómpre salientar que este ano o Premio suma ao Concerto de Inauguración un premio económico en forma de Bolsa de Estudos de 1.000 € grazas á colaboración da AIE.

O Festival conta con apoios por diferentes vías, dende a Deputación de Lugo, o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra e o Consorcio Local dos Peares, AIE, os Bispados de ambas provincias, e os Concellos implicados. Así como diferentes empresas colaboradoras como Naturgy, Galimusic, Caixa Rural Gallega, Onda Cero, Gadis, Regina Viarum, Iberik Augas Santas e Paradores.

Premiada Amalia Bosch

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...