HomesociedadeComeza a mellora dun treito da estrada provincial que une Siós e...

Comeza a mellora dun treito da estrada provincial que une Siós e A Panfolía en Pantón

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora dun tramo da estrada provincial LU-P-4101, que conecta en Pantón a parroquia de Siós co lugar da Panfolía, en Santiago de Cangas, pola parroquia de Espasantes, cun investimento de máis de 40.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións, das que se encarga a empresa Opaga 003 SL, afectan a dous quilómetros de vía, entre os puntos quilométricos 2 e 4. Cun prazo de execución dun mes, os traballos consisten na mellora da drenaxe, reparación de desperfectos e a pavimentación do firme.

Trátase dunha actuación importante porque esta estrada dá servizo a diferentes adegas e viñedos deste concello da Ribeira Sacra, está na contorna do Camiño de Inverno e no de varios recursos turísticos, como a igrexa de San Martiño de Siós do século XVIII ou á de Santo Estevo de Espasantes reconstruída no XVII.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...