HomesociedadeAdxudicadas as obras de pavimentación do Mercado Gandeiro de Monforte

Adxudicadas as obras de pavimentación do Mercado Gandeiro de Monforte

A Xunta de Goberno deste luns adxudicou dúas actuacións de mellora en infraestruturas urbanas e rurais do Concello de Monforte. Por unha banda as obras de mellora da pavimentación de todo o entorno do Mercado Gandeiro, que foi adxudicada á empresa Misturas S.A.por un importe de 152.193,80€, e a mellora do firme do camiño municipal da Babela, que foi adxudicada tamén á empresa Misturas S.A. por un importe de 64.744,68€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As dúas obras adxudicadas alcanzan os 217.000€ (216.938,48€) e o prazo de execución nos dous casos é de 1 mes, dende que se asine a acta de replanteo. A previsión é que as obras rematen entre finais de outubro e principios de novembro.

Para a pavimentación de todo o entorno do Mercado Gandeiro, o alcalde xustifica esta actuación destacando que “esta é unha zona que é moi utilizada, especialmente os días de feira, polo que é necesario renovar o seu firme, e pavimentar outras zonas que actualmente non o están, a fin de dar un mellor servizo ós usuarios e os veciños de Monforte”.

Neste senso, a actuación abarcará unha superficie total 12.725 metros cadrados, nunha lonxitude total de vías de 1.200 metros, e cun ancho medio de 10,60 metros. Colocarase unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm. de espesor. Este proxecto dá continuidade á mellora das cubertas das naves do polbo, ás que se destinaron no 2021 máis de 70.000 €, “e seguiremos neste ano imos coa mellora doutras dúas naves”, destaca o alcalde.

Pola súa banda, a mellora do Camiño municipal da Babela comprenderá a renovación do seu pavimento sobre unha lonxitude de 1.120 metros, entre o barrio de Babela, en Distriz, e a Depuradora de Piñeira, xunto á N-120 e a estrada de Sober. A renovación do firme farase a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...

O luns, 8 de xuño, ábrese o prazo de matrícula para os Campamentos Deportivos de Verán en Monforte

O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...