HomeMedio ambiente e PatrimonioFolión das Fachas de Vilelos, no Saviñao, este 27 de setembro

Folión das Fachas de Vilelos, no Saviñao, este 27 de setembro

A Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos no Saviñao organiza un ano máis o Folión das Fachas de agucios que terá como acto central a procesión das fachas á cima do Castro da Besta, ás 00:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos últimos anos a asociación conseguiu asentar esta tradición que se leva celebrando dende tempos inmemoriais. O seu obxectivo, na actualidade, é implicar á xente nova para que non se chegue a perder a tradición. “Nestes días estamos a traballar na recollida dos agucios para elaborar as fachas, tarefa na que están tamén a participar os máis mozos de Vilelos co fin de que vaian tomando contacto coa tradición, destacan desde a asociación organizadora.

A cita celebrarase o venres, 27 de setembro, a partir das 22:00 con pancetada e ás 00:00h será a procesión das fachas á cima do Castro da Besta. Á volta do percorrido acenderanse ás fachas máis longas que arderán ó tempo que se desenvolverán actuacións musicais de A Cadela Asasina, Searas e Catuxa Salom.

Prendendo unha Facha. Foto: Consorcio Turismo Ribeira Sacra.

Vilelos é, xunto a Castelo, en Taboada, e Castro Caldelas, en Ourense, un dos poucos lugares de Galicia onde se conserva esta manifestación cultural.

A deputada, Iria Castro, destacou na presentación “a implicación da veciñanza para dar continuidade a esta tradición, que xenera un orgullo e un sentido de pertenza moi importante á hora de crear comunidade no rural” e lembrou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co tecido asociativo, que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural e social das parroquias”.

A festa de grande interese patrimonial e cultural, vinculada á Queima das Fachas que a parroquia taboadesa de Castelo celebrou o 7 de setembro, foi declarada BIC no ano 2018.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...