HomesociedadeA ANPA do colexio do Courel mobilízase o 27 de setembro

A ANPA do colexio do Courel mobilízase o 27 de setembro

A ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra convoca concentración a partir das 9:15 h do día 27, no semáforo habilitado en Seoane para acompañar camiñando ao alumnado residente no Courel de arriba ata o centro de ensino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 27/9/2024 está convocada unha protesta da ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra pola ausencia de resposta ou solucións ás condicións do desvío que os transportes escolares do Courel vense obrigados a coller polo corte da estrada LU-651.

“A nosa petición dun transporte con tracción ás catro rodas e caixa reductora que actuase como lanzadeira non recibiu solucións por parte de Alfer, nin resposta por parte da Consellería”, apuntan desde a ANPA.

A ANPA anima á participación de todas as familias do colexio que o desexen, aínda que non sexan socias da ANPA e tamén convidan a mobilizarse a calquera persoa que queira darlles o seu apoio, “xa que o corte da estrada e o desvío habilitado pola Administración son un problema para todo o Courel”, conclúen.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...