HomeSucesosO Concello de Chantada denuncia actos vandálicos no Parque Eloísa Rivadulla

O Concello de Chantada denuncia actos vandálicos no Parque Eloísa Rivadulla

O Parque Eloísa Rivadulla de Chantada que durante este verán foi obxecto de importantes obras de mellora nas súas instalacións e parque infantil vén de ser vítima de numerosos actos vandálicos na madrugada do xoves.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres pola mañá persoal municipal que comprobaba as instalacións do Parque Eloísa Rivadulla atopouse con numerosos desperfectos na zona, “Fixéronse destrozos no mobiliario urbano, nos baños públicos e na zona de bambáns, ademais de pintadas en edificios e mobiliario. Isto é vergonzoso, desde o Concello non podemos máis que condenar este tipo de actos vandálicos que supoñen un atentado á calidade de vida dos veciños e veciñas de Chantada e supoñen un atentado contra os recursos de todos”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Actos vandálicos Parque Eloísa Rivadulla / Concello de Chantada

Desde a Brigada Municipal de Parques e Xardíns avisouse á Policía Local do sucedido e tamén se deu parte á Garda Civil para que se investiguen estes feitos e quen os puido cometer.

“Ás veces danse sucesos pequeniños como o roubo de plantas e arbustos que o Concello de Chantada xa denunciara en abril, pero parece que agora cebáronse con esta zona de Eloísa Rivadulla e teremos que tomar algún tipo de medidas”, conclúe o alcalde.

As áreas verdes e baños do Parque Eloísa Rivadulla acondicionáranse este verán a través do Obradoiro Dual de Emprego Serra do Faro VIII e en agosto completábase a ampliación e mellora da zona de xogos cun investimento de 48.400€.

Actos vandálicos Parque Eloísa Rivadulla / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...