O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a creación dunha comercializadora propia que permitirá “abaratar e descarbonizar o consumo de enerxía en Galicia” e que terá como obxectivo vender enerxía “100% renovable, de maneira estable” e a un “prezo sensiblemente máis barato”.
Así o avanzou nunha intervención desde Sober, onde este fin de semana o titular do Goberno galego reuniu ao seu Executivo, na que avanzou que Sociedade Recursos de Galicia xa iniciou os trámites para crear esta comercializadora, que Roda espera “que sexa unha realidade a principios de 2025”.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

