HomeMovementos sociaisPacto Fronte Eólicos leva recollido 900 alegacións fronte ao proxecto Neboreiro

Pacto Fronte Eólicos leva recollido 900 alegacións fronte ao proxecto Neboreiro

Pacto Fronte Eólicos denuncia o gran volume de irregularidades detectadas nos proxectos e estudos de impacto ambiental que implican pasar por encima de zonas protexidas como é Ribeira Sacra, zonas declaradas BIC, con instalacións con gran movemento de terras e escavacións a escasos metros de fallas e de restos de asentamentos celtas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma conta co apoio de Adegas do Saviñao, a Asemblea Local do BNG e PSOE-PSG O Saviñao, a colaboración e apoio doutros concellos afectados como Bóveda, Paradela, Monforte de Lemos,…e ADEGA. Ademais do apoio de cada vez máis afectados no sector agrario e turístico, polo que actualmente conta cunhas 900 alegacións ao proxecto actual, máis as que se están sumando desde Monforte de Lemos, Pantón e Nogueria de Ramuín (Ourense), que xusto abriu período de presentación de alegacións.

Pacto Fronte Eólicos reitera o apoio ao sector vinícola tan representativo e importante economicamente para a zona e denuncia a falta de transparencia na xeración de contratos nas mancomunidades. Lamentan tamén a falta de apoio por parte dalgunhas administracións públicas locais para facilitar esa transparencia e aseguran que analizarán circunstancias como “cambios de titularidade en propiedades susceptibles de ser interesadas na instalación de aeroxeneradores, ou edificacións auxiliares necesarias, feitas un ano e medio antes da publicación do proxecto” e anuncian que utilizarán os datos de carácter público rexistral para analizar as devanditas situacións.

Pola súa banda desde Segredos de Pantón informan de que o proxecto levará ao seu municipio unha rede de distribución de 28 kms de lonxitude e 108 torretas, pasando ao carón de moitas aldeas, pasando por riba do LIC Río Carabelos e a poucos metros da xoia do románico San Miguel de Eiré.

O procedemento para presentar alegacións por rexistro electrónico a este proxecto, segundo informan desde ADEGA é o seguinte:

1) Accede a reg.redsara.es e preme en “novo rexistro”.
2) Identifícate con sinatura dixital.
3) Introduce os datos de contacto e indica que se actúa en nome propio (interesado).
4) Marca que avisen do avance por correo electrónico e preme seguinte.
5) Marca código e nome do organismo. Neste caso: EA0040576.

6) Escribe en “asunto”: 
En “Expón”:Que no Boletín Oficial do Estado no 198, de data 16 de agosto de 2024, se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Neboreiro, de 45 MW de potencia eólica instalada e 9MW de potencia fotovoltaica instalada en inversores, e a súa infraestrutura de evacuación nas provincias de Lugo e Ourense, Código do proxecto Peol- FV-153.  Que, en tempo e forma, polo presente e en relación co aludido anuncio, procédense a evacuar as alegacións contidas no documento apegado a esta solicitude.

En “Solicita”: Que tendo por presentadas estas alegacións, se lles dea o trámite oportuno e, en virtude do exposto, se proceda a resolver negativamente os procedementos de solicitude de autorización administrativa previa do Proxecto Eólico de referencia e a súa infraestructura de evacuación, considerando a tal efecto as afeccions ambientais concorrentes, así como o resto de consideración manifestadas no presente escrito.

7) Carga o documento de alegacións asinado dixitalmente e confirma os datos. Anexamos máis abaixo o documento a cargar.

8) Asina, envía e garda o xustificante!

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...