HomesociedadeA Festa da Pisa da castaña seca cumpre 20 anos

A Festa da Pisa da castaña seca cumpre 20 anos

Este sábado 8 de decembro, día escollido para celebrar esta senlleira festa de exaltación dun dos produtos máis característico das terras do Courel.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Este pasado xoves 6 de decembro, o programa “Fun polo aire” da Televisión de Galicia presentouse en Froxán dando a coñecer a zona e fixo xa un anticipo do que será a “Festa da pisa” deste sábado, que mantén o programa clásico pero incorpora algunha novidade.

Ás 11:30 horas farase o simbólico “acendido do sequeiro”  para amosar aos  visitantes como e onde se secaban as castañas, e cara as 12:30 horas terá lugar a demostración da “pisa e abandoxado da castaña”. A pisa é o xeito tradicional de quitarlle as cáscaras á castaña seca a base de golpealas dentro nun saco enriba dun tallo de madeira e o abandoxado é o proceso seguinte no cal, con moita maña e un calculado movemento de cadeira, se ten que separar a castaña da peluxe e das cáscaras. O “abandoxador” oficial será, como xa é costume, “Xan de Vilar”.

Xan de Vilar. Foto: Evaristo Méndez

Ás 13:30 h. aproximadamente terá lugar xa o pregón a cargo do actor galego Josito Porto, pregoeiro escollido unha vez frustrada a opción de traer ao mediático Jesús Calleja. Segundo nos comenta Evaristo Méndez, membro da Asociación Fonte do Milagre e un dos artífices do crecemento desta festa, “ata o último momento estivemos pendentes pois grazas a un contacto desta zona había moitas posibilidades de que estivera este ano con nós pero ao final por asuntos de axenda non puido vir”.

Ás 14.00 h. xantar degustación do “menú do pisador” (castañas cocidas con lacón e chourizo máis torta de castaña)  na carpa central do recinto festeiro de Froxán. Un xantar que como cada ano se queda curto dada a concorrencia de visitantes e non se garante que chegue para todos os asistentes. A partir das 16.00 h., e como novidade no programa para este ano, hai unha “Demostración do aserrado da madeira con serra de aire”. Aserrado que se fai por parellas como no caso da pisa.

Ás 16:30 h. terá lugar o sorteo coas papeletas que se entregan ao mercar o menú do pisador e a continuación, sobre as 16:45 h., continuarán tanto o pisado e abandoxado de castañas como a demostración de aserrado. Ao longo da xornada haberá postos de artesanía e produtos da zona ademais de musica tradicional e foliada libre na que se pode apuntar quen o desexe. Cara as 20:00 h. calcúlase o fin de festa.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...