HomesociedadeA Comisaría da Policía Nacional de Monforte estará en funcionamento no 2026...

A Comisaría da Policía Nacional de Monforte estará en funcionamento no 2026 segundo informou o alcalde na festividade dos Santos Anxos Custodios

Os actos con motivo do Día da Policía Nacional deron comezo ás 11.30 horas, coa celebración litúrxica da festividade dos Santos Anxos Custodios na igrexa da Régoa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor monfortino presidiu os actos litúrxicos e institucionais da festividade da Policía Nacional xunto ó  Inspector Xefe en funcións da Comisaría de Monforte, Celso Dacal Vázquez, e o Xefe de Seguridade Cidadá da Comisaría de Monforte, Óscar Fernández Prieto.

Posteriormente no Centro do Viño tivo lugar o acto institucional, no que foron impostas condecoracións a diversos funcionarios e entregáronse diplomas de recoñecemento e de colaboración institucional a diversos organismos.

En concreto, impúxose a Medalla ó Mérito Policial con Distintivo Blanco ós policías Carlos Carballo Vázquez e Óscar Fernández Fidalgo. Tamén se lle fixo entrega dun Diploma de Policía Honorario do CNP, ó policía xubilado José Manuel García Somoza. A continuación, tivo lugar o acto de recoñecemento doutras administracións e da colaboración institucional, mediante a entrega de metopas. Este ano, as entidades que acadaron tal recoñecemento foron o corpo da Policía Local, a Compañía da Garda Civil e o Concello de Monforte de Lemos, cuxa metopa foi recollida polo Alcalde, “polo seu inestimable apoio e colaboración coa institución, coincidindo co 200 aniversario da creación do Corpo Nacional de Policía”.

O alcalde pechou o acto cunha intervención na que destacou “a inestimable labor deste corpo de Policía no día a día da nosa cidade, que sen dúbida, é unha labor decisiva para garantir a seguridade e a boa convivencia da nosa sociedade. O noso é un Concello tranquilo e cun baixo nivel de delincuencia, e así o reseñan os datos dos últimos anos que nos facilitan dende o Goberno de España”.

O mandatario monfortino concluíu desexando que as condicións na prestación do servizo sexan as mellores posibles, e recordou que “fixen todo o posible para que Monforte teña a Comisaría de Policía que se merece. As obras xa están en marcha, así que, si se cumpren os prazos de adxudicación, a finais do próximo ano 2025 estarán rematadas, cunha inversión de case 3,7 millóns de euros, podendo prestar o servizo na nova comisaría ó longo do ano 2026.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...