HomesociedadeRibas de Sil máis preto de Ourense

Ribas de Sil máis preto de Ourense

107.000 euros do Executivo Provincial para rehabilitar 3,1 quilómetros da estrada LU-P-5301 de San Clodio ao Alto da Moa; entre o punto quilométrico 3,1 e 6,2.

Publicado o

- Advertisement -

A LU-P 5301 conecta o Concello de Ribas de Sil co veciño ourensán de San Juan de Río. A obra supón, ademais, a mellora dos accesos aos miradoiros do futuro Xeoparque Montañas do Courel, un dos enclaves máis destacados para a vista global do territorio do Xeoparque.

O alcalde, Miguel Sotuela, destaca que para o seu Concello estas obras son de gran importancia pois trátase dunha vía moi transitada, e beneficiarase non só aos máis de 900 veciños de Ribas de Sil, senón tamén ao resto de habitantes da comarca de Quiroga e á veciña comarca de Caldelas, en Ourense.

Os traballos consisten na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente, e incremento da seguridade vial coa instalación e renovación da sinalización horizontal e vertical.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...