HomePolíticaO BNG urxe ao Goberno do PP o arranxo íntegro da LU-651

O BNG urxe ao Goberno do PP o arranxo íntegro da LU-651

O deputado do BNG, Iago Suárez, defendeu no Parlamento unha iniciativa para reclamar ao Goberno da Xunta que arranxe a estrada LU-651 e "deixe de menosprezar" á poboación do Courel, que leva máis de 2 anos sufrindo esta situación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Iago Suárez lamentou o voto en contra do PP a unha iniciativa que solicitaba o arranxo de maneira integral da estrada antes de que remate o ano. A través da mesma proposición non de lei, o deputado da comarca reclamou tamén á Xunta que garanta que o servizo de transporte escolar no Concello de Folgoso do Courel funcione de forma segura para as crianzas, tanto no presente curso como para os vindeiros.

“A situación é dantesca”, denunciou durante o debate en comisión o autor da iniciativa, amosándose seguro de que algo así non acontecería se tratase dunha cidade ou dunha vila máis poboada. “Isto en Pozuelo de Alarcón non acontecería, pero no Courel, si”, afirmou aludindo aos prexuízos que ocasionou para a veciñanza o derrube da LU-651, que hai meses tivo que ser pechada de novo no tramo entre Ferrería Vella e Seoane polos erros estruturais detectados.

Este novo peche obrigou a desviar todo o tránsito de vehículos, incluído o transporte escolar, por unha estrada “realmente perigosa e con tramos tremendamente estreitos, que mesmo pasan por debaixo dalgunha vivenda”, advírtese na iniciativa. Suárez subliñou, neste punto, que o estado deste desvío é tan malo que o pasado 16 de setembro rebentou un dos pneumáticos do autobús que transportaba crianzas ao colexio Poeta Uxío Novoneira, obrigando a rapaces de Infantil a ir camiñando até o centro escolar.   

Iago Suárez afeou a “desidia” que está a amosar o Goberno o PP á hora de arranxar a estrada e acusou á conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue, de incumprir a súa palabra despois de ter asegurado o pasado mes de xuño no Parlamento, en resposta ao BNG, que a previsión era restabelecer o tráfico da LU-651 antes do inicio do curso e “ter toda a obra rematada para o outono”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...