Homesociedade90.000€ nun novo vehículo de usos múltiples na Pobra do Brollón para...

90.000€ nun novo vehículo de usos múltiples na Pobra do Brollón para atender as zonas rurais

O Concello da Pobra do Brollón conta cun novo vehículo de usos multiples destinado á atención e ao servizo das zonas rurais, adquirido co financiamento da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vehículo estará a disposición do persoal municipal para desprazamentos e traballos relacionados con servizos básicos como as redes de abastecemento e saneamento, a recollida de lixo e residuos ou o mantemento das vías e os espazos públicos municipais. Entre outro equipamento, conta cun brazo elevador e unha cesta para facilitar tarefas en altura, como a reparación ou reposición de luminarias.

O alcalde da Pobra do Brollón, Xose Lois Maceda, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, destacaron a importancia de que “o persoal municipal conte cos medios necesarios para atender de forma axil e eficaz o mantemento destes servizos, que son fundamentais para a calidade de vida da veciñanza”  e lembraron o esforzo orzamentario e de persoal que supoñen para os concellos rurais como A Pobra do Brollón, con 22 parroquias e 118 núcleos e poboacion e unha ampla rede de vías municipais e zonas verdes.

A area de Rural da Vicepresidencia da Deputación achega 90.000 euros á adquisición deste vehículo, reforzando a colaboración que a entidade provincial mantén co concello a través do Plan Deputación cun investimento previsto de 284.200 euros para 2024.

    Vehículo usos múltiples / Concello A Pobra do Brollón

    ÚLTIMAS

    Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

    A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

    Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

    O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

    ‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

    A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

    Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

    De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...