HomeDeportesAs entidades deportivas monfortinas poderán solicitar de xeito gratuíto un local no...

As entidades deportivas monfortinas poderán solicitar de xeito gratuíto un local no Pavillón da Pinguela

En total, son 10 locais os que o Concello pon a disposición das entidades e clubs deportivos, de distintos tamaños, cunha superficie media de 21 metros cadrados, que se entregarán baleiros, é dicir, sen mobiliario. Estarán dotados dun punto de conexión a internet

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello porá a disposición de clubs e entidades deportivas monfortinas sen ánimo de lucro, 10 locais de propiedade municipal situados no Pavillón Municipal da Pinguela. Na pasada Xunta de Goberno Local, celebrada o luns 7 de outubro, aprobáronse as Bases reguladoras da convocatoria para o procedemento de cesión de uso de locais de titularidade municipal situados no Pavillón municipal da Pinguela.

Esta convocatoria ven motivada, subliña o Alcalde, “porque existe unha importante demanda de uso dos locais situados no pavillón polideportivo da Pinguela o que fai necesario aprobar un procedemento para regular de xeito ordenado a concesión de uso dos mesmos”.

Unha vez publicadas na web do Concello as bases desta convocatoria, o prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días hábile, ata o xoves 24 de outubro.

Poderán solicitar a través desta convocatoria o uso dos locais situados no Pavillón Polideportivo da Pinguela, os Clubs ou Entidades Deportivas legalmente establecidas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Deportivas do Concello de Monforte, que non teñan ánimo de lucro, e que leven a cabo a súa actividade deportiva nalgún dos “Pavillóns Polideportivosque o Concello de Monforte oferta para o seu uso durante o ano (Pavillón Polideportivo da Pinguela, Pavillón dos Institutos Río Cabe e Daviña Rei, Pavillón do IES Pinguela e Pavillón do CEIP A Gándara), ou ben na Piscina Municipal. Non poderán solicitar o uso dun local aquelas entidades que xa dispoñan dun local municipal noutra instalación deportiva, ou non deportiva, para os mesmos cometidos.

O uso dos locais cederase polo prazo dun ano prorrogable de xeito automático anualmente ata un máximo de 4 anos. Unha vez transcorrido o tempo de cesión o Concello de Monforte poñerá en marcha un novo procedemento para a cesión de uso dos locais. Todos aqueles clubs aos que lles sexa concedido o uso dun local poderán facer uso deste de luns a domingo entre as 8:00 e as 00:00 h.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...