HomesociedadeConvócase para o 19 de outubro o Consello de Parroquias no marco...

Convócase para o 19 de outubro o Consello de Parroquias no marco da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A Fábrica da Luz en Parada de Sil acollerá este encontro co que se dá continuidade ás xuntanzas e no que se elixirá un representante de cada unha das 75 parroquias que se inclúen na declaración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia convoca o Consello de Parroquias o vindeiro sábado, 19 de outubro, no marco do traballo feito pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Trátase dunha cita que forma parte do proceso participativo iniciado xa hai varios meses con xuntanzas por todo o territorio.

A misión fundamenta deste Consello é a de coñecer e recoñecer a visión da veciñanza sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, reflectíndoa nun documento que se vai ter en conta na redacción do Plan de Xestión da paisaxe cultural que se vai enviar á Unesco. Ademais, tamén dará a coñecer o sistema de representación na Comisión Interdepartamental.

Na cita, ademais de elixir aos representantes haberá varias mesas de traballo, a partir das 10:00h, e outras actividades como un concerto da artista Faia, un paseo polas pasarelas do Mao ou unha cata de viños da Ribeira Sacra co presidente da asociación de sumillers de Galicia, Juanjo Figueroa.

As reunións participativas, promovidas pola Xunta de Galicia, que se levan facendo desde o mes de marzo xuntaron durante estes meses a máis dun cento de veciños e veciñas, para poñer en común as súas inquedanzas sobre a candidatura. No marco deste traballo, a programación para as vindeiras semanas tamén inclúe a celebración do encontro internacional Fontes que terá lugar os días 27, 28 e 29 de outubro no parador de Santo Estevo en Nogueira de Ramuín. Deste xeito, búscase seguir dando respaldo e impulso a esta iniciativa contando coa presenza de especialistas culturais e investigadores en bens patrimoniais, tanto do eido local como de outras comunidades autónomas.

Participación cidadá Patrimonio Mundial / Consellería de Cultura

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...