HomeEconomíaCase un millón de euros nos dous obradoiros de emprego que se...

Case un millón de euros nos dous obradoiros de emprego que se desenvolven este ano en Sarria

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou este mércores as últimas actuacións que están a executar os participantes na cuarta edición do obradoiro Sarria, Camiño de Santiago, que rematará en novembro e terá continuidade cunha quinta edición a partir de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destina preto de 1 millón de euros a dous obradoiros de emprego promovidos polo Concello de Sarria que se darán o relevo neste último trimestre do ano.

Cada proxecto ofrece formación teórica e práctica a 20 traballadores desempregados en especialidades relacionadas coa albanelería e a carpintaría. Ao tempo que adquiren experiencia laboral, realizan obras de interese social en espazos públicos do municipio.

Así, actualmente están levando a cabo melloras no Campo da Feira, consistentes na substitución da cuberta do edificio destinado a aseos públicos e na reparación das beirarrúas do perímetro da edificación e das escalinatas de acceso aos casetos do polbo. Igualmente, están arranxando a varanda de madeira do paseo no Campo do Río.

Nos últimos meses completaron xa outros labores, como a rehabilitación das fachadas exteriores dos aseos no Campo da Feira, a restauración da porta principal do Concello, a construción dun expositor para información turística ou a rehabilitación da carpintería exterior de madeira da antiga prisión provincial. Ademais, construíron unha praza pública fronte á entrada do novo cemiterio municipal, e pavimentaron o camiño central e rehabilitaron o edificio de autopsias nas antigas instalacións.

A quinta edición do obradoiro continuará co acondicionamento do Campo da Feira, acometendo a restauración íntegra de varios pendellos, e tamén abordará outros traballos de embelecemento da ruta xacobea ao seu paso polo municipio.

Obradoiro Sarria / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...